Sobre nos

Benvidos

O noso espazo virtual

Refrán de vellxs. Estamos a morrer, estamos aprender.

A perfección do 100% e un mito, sempre hai algo novo que aprender…

Paixón

95%

Motivación

95%

Aventura

95%

Por qué somos diferentes

Honda Vfr 1200-F 2011

Somos diferentes porque somos moteirxs de una certa edade, dun lugar cunha cultura propia e certa experiencia, baseadas en nos mesmos, e poriso somos os directores da nosa propia película…

Honda CBR-F 1991

Somos diferentes porque no nos identificamos con muitos dos eventos moteros, reglas e filosofias alleas que non entendemos, importadas por los diferentes medios e adoitadas pola maioria das asociación moteiras…

Honda CBR-F 1990

En definitiva, somos diferentes porque non nos gusta facer o que fai todo o mundo, repetir unha e outra vez o que miraron no cine, tv e internet, nos temos un concepto muí distinto da paixon e desfrute deste entretemento das dúas rodas, sempre respetamos a tolos os demais…

Quen somos-onde estamos

Quen somos

Os do G.M. Arrecarallo, somos un grupo de persoas sen animo de lucro, de todas as idades xénero e condición social, que nos unimos pola afección os aparatos propulsados por motor ou ven por tracción animal de dúas rodas en linha…

Que nos une

Sexan Motocicletas, Bicicletas ou Patinetes, desfrutamos do mesmo xeito, o asunto e que disponhan das dúas rodas en linha e un manillar para dirixilo…

Mesturando amizade, viaxe, aventura, deporte e desfrute, todo nun mesmo pasatempo…

A demais de ser autodidactas, e seres nos mesmos os webmaster das nosas paxinas sociais, os do G.M Arrecarallo considerámonos monteiros auténticos, xa que tamén somos os mecánicos das nosas propias motos, o noso lema e, na minha burra non toca ninguén mais que eu mesmo…

Biblioteca de imaxes

Shelf Wood

Únete a nosa comunidade

Importante: Non desexamos ofender a ninguén, so informar de que esta e unha paxina publica sen animo de lucro con identidade privada, os que aquí estamos neste espazo nin vendemos nin compramos nada, nonos interesa o negocio nin a publicidade, nin nada que tenha que ver co enriquecemento económico persoal, non queremos perder o tempo nin que ninguén o faga, so nos interesa o que aquí exponhemos, o desfrute dos nosos pasatempos favoritos e a nosa saúde sobre todo mental, daquela si entraches aquí por erro, as nosas desculpas e moita saúde e sorte, pola contra si tamén compartes a nosa filosofía da vida, aquí nos tes para compartir e axudarche no que poidamos...


Nota: para os que vos rexistredes, saibades que nesta paxina a parte dos editores e administradores, hai dous niveis ou seccións mais para os que decidades rexistrarvos, que son para os usuarios que se rexistran como subscritores normais, e os que sodes membros que pertencen o G.M. Arrecarallo, que unha vez rexistrados na Web como subscritores normais, unha vez identificados un administrador pasaravos a sección correspondente de membros, onde terás a opción de interactuar e acceder a mais sitios da Web so para membros, e si non desexas rexistrarte tamén temos un Boletín de subscrición para todos, para se queres manterte informado das nosas andainas, entradas, eventos, rutas e demais…
  
Grazas a to@s, vémonos no asfalto, sentidinho e sorte... ✌
Idioma »
Boletín G.M. Arrecarallo



Grazas. Non quero.
100% Sitio Web protexido.
Contacta G.M. Arrecarallo

Gracias. Non quero.
100% Sitio Web protexido.
PRÓXIMOS EVENTOS
100% Sitio Web protexido.