Ruta pola N2 de Chaves a Faro Portugal.
Esta ruta a estas altura, xa e de sobra conhecida polos moteiros Portugueses e os que lindamos cerca das súas fronteira, daquela pouco imos comentar sobre a propia ruta que xa non este ditos en centos de blog e paxinas polo internet.
Imaxe da Ruta coas paradas e sitios de interese.
Aquí so imos falar da nosa primeira ruta, do acontecido mais destacado que non e pouco…
Antes de facer esta ruta, leemos algún comentarios de persoas que a fixeron, e todos mais ou menos vinhan a dicir o mesmo, que para facela con tranquilidade, desfrutar e visitar sitios de interese, necesitase unha sema. Incluso o principio da ruta nos chegamos a seguir consellos, e horarios de persoas que a fixeron anterior mente, por exemplo isto e o que planificamos facer sobre experiencias e consellos de outros.
So dicir que a ruta apesares de que os portugeses levan tempo traballando nela e mellorándoa e inda sen rematar, a min persoal mente encantoume tanto que repetirei tan pronto como puída.
Mencionar tamén como todos sabemos, baseándose no tempo hai 3 formas de facelas, 1 rápida, 2 normal 3 lenta, e baseándose no económico tamén hao 3, de acampada e comida de supermercados, de pensións e bares económicos, e por ultimo de hoteis mínimo 4 estrelas e restaurantes de 3 garfos ata as estrelas michelín, daquela isto nos deixámolo as ganhas, tempo, ou poder adquisitivo de cada quen…
Nos antes de facer esta ruta, leemos algún comentarios de persoas que a fixeron, e todos mais ou menos vinhan a dicir o mesmo, que para facela con tranquilidade, desfrutar e visitar sitios de interese, necesitase unha sema. Incluso o principio da ruta nos chegamos a seguir consellos, e horarios de persoas que a fixeron anterior mente, por exemplo isto e o que planificamos facer sobre experiencias e consellos de outros.
Aquí o mapa das paradas onde o selado, crunhado ou cribado, que ven sendo o mesmo, nos imos a empregar a palabra cribado para completar o libro do pasaporte, que acredita que a ruta foi completada, necesariamente non fai falla ir a todos os puntos que indica este mapa, que e o mesmo do libro que che dan para cribar, sa que algún tenhen a mesmo crunho como se indica no libro, inda que nos fixémolos todos como acredita o noso libro.
Mapa de Google de toda a Ruta mais sitios de interese.
Empezamos nun Domingo dia 20 as 5h da tarde, arrancamos da base cara a Chaves para estar en Chaves sobre as 7h, Coller o pasaporte da N2 dos cribados na oficina de turismo, mais toda a información que puideramos reunir sobre a ruta nese momento actual. Xa que a ruta inda non esta de todo rematada, e dun ana para outro hai cambios e modificacións, tanto na propia N2 por onde vai o trazado, como nos sitios de cribado e de interese unha vez feito isto ir descansar, e arrancar o luns dia 21 do km0, despois de almorzar, sobre as 9 da manhan.
1-Primeira etapa día 21 do 08
Xa en En Chaves isto foi o que aconteceu, levantámonos moi cedo e con moita ilusión o luns dia 21, almorzamos e fomos a oficina de turismo, leemos na porta que os luns permanecen pechado todo o dia, atopámonos cunha parella de portugueses de Lisboa que tamén vinhan facer o mesmo que nos, e ala fomos todos a buscar outras alternativas.
O final atopamos un comercio onde che aportaban o dichoso pasaporte para iniciar a ruta, pero con escasa información, xa que ademais tinhan clientes que atender, logo de ponher o primeiro selo de Chaves e facer as fotos no marco do km0 para ese momento xa case que era medio dia, e con medio dia perdido e unha ola repentina de calor que duraría unha sema comezamos a ruta.
Seguinte destino de selado en Pedras salgadas en Bornes de Aguiar, e Vila Pouca de Aguiar decidimos parar a xantar, e xa empezamos a atoparnos con mais persoas que como nos comezaban a ruta, tanto en coche como en moto.
Imaxe do libro pasaporte comapa do traxecto da ruta e sitios de cribados.
En Tondela rematada a primeira etapa despois de facer 10 paradas e meter 9 cribados no pasaporte da ruta, xa que nos decidimos dividilas en 4, quedamos a durmir, iso si despois de cear, e buscar as dependencias da policía, que son os únicos sitios que están abertos as 24h, e crunhanches a calquera hora, e como iamos con medio dia de atraso, decidimos recuperalo, e o final conseguiámolo, a media noite da primeira etapa xa estabamos no hotel, e moi contentos para continuar, porque a pesares do inconveniente acontecido logramos recuperar o tempo perdido, aprender sobre a marcha, rematar como tinhamos planeado, e todo grazas a que entro os catro faciamos un bo equipo, e iso dounos moito animo.
2-Segunda etapa día 22 do 08
Levantámonos para almorzar non mui cedo, porque aquí poucos sitios abren antes das 9h da manhan, almorzamos e crunhamos en Tondela con iso cubrimos os 10 selados da primeira etapa e arrancando pola fresca, empezamos ven, o paisaxe e fermoso, subimos e descendemos pola n2 por sitios que recordan os canhon do sil, con vinhas pero co rio pequeno, despois de 4 paradas e crebados, sobre a unha paramos a comer en Gois, un pobo moi fermoso empedrado cun rio a entrada do pobo cheo de xente banhándose, o calor empeza a ser infernal, cada vez mais estamos a 43º, Chegamos aparcamos o lado dunha fonte, cunnhas vista o rio e o pobo mou chulas.
Refrescámonos na fonte, imos comer xusto o lado da gasolineira que hai na entrada, restaurante con comida típica, todo moi rico, saímos do restaurante e dirixiámonos as motos e refrescámonos de novo na fonte, mais ven eu métome debaixo dela literalmente e pégome unha ducha vestido, nisto que falamos se seguir ou parar, xa que o calor e terrible ata pas motos, nisto que so chegan dúas motos mais que xa coincidiramos dende a saída cos seus copilotos, raro que non chegaran mais que saíran de canda nos?
Imaxe de relax e o final dunha xornada.
A rapaza dunha moto baixa moi asfixiada vermella como un tomate apunto de botarse a perder e sentase nun banco, xa non miraba nin a fonte, Boullosa acércaselle e dille que se refresque na fonte, a rapaza levanta a mirada acía a fonte e como se mirase un milagre sin dubidalo metese nela, despois de xa estar todos ven refrixerados grazas a fonte decidimos seguir.
Despois de 5 paradas e cribados mais, en total outros 9 Chegamos a Vila de Rei, xa pasado o mais difícil, as etapas mais duras, e no ecuador da carreira, ou iso e como a nos nos parecía, decidimos non reparar en gastos e coller un bo hotel con piscina, Spa e toda clase de luxos, despois de todo o mereciamos, collemos un Hotel recen inaugurado, despois de desfrutar das instalacións saímos a cear e visitar a cidade, o remate volta para o hotel a descansar.
Imaxe do hotel en Vila de Rei.
Curiosidade, se supón que mais ou menos todos pasamos polos mesmos puntos de cribado, aquí neste punto en Vila de Rei nin rastro das motos que nos seguían? So reconhecemos dous cohes que si o facían.
3- Terceira etapa día 23 do 08
Comezo de Vila de Rei. Levantémonos almorzamos, e dirixiámonos en fronte do hotel, a os bombeiros voluntarios a cribar, os bombeiros súper amables como todos que nos atopamos, pero eles como mais próximos, e ofrecéndoche información moi boa, os mellores de todos.
Ali por exemplo entre outra información moi valiosa sobre a ruta, que nos ofreceron sin preguntar sequera, nos preguntaron que si nos estabamos facendo a n2 orixinal? e lles confirmamos que si, e nos dixeron algo que a esas alturas nos xa algo cheirabamos, que si faciamos a ruta orixinal que tinha moito mérito, porque era mui dura facela en catro días como nos a planificamos, e coa ola de calar case que imposible, contarannos que a pregunta era porque eles de sobra saben que a maioría fai pequenas trampas, meténdose nas circunvalacións que rodean os puntos de crebado das cidades e pobos, que están exentos de peaxe, e entran e saen so para selar, a n2 apenas a tocan, e aforran km e tempo, e incluso hai quen a fai directamente todo o tempo por autoestrada, iso explicaría en parte o das motos desaparecidas en pleno combate, algúns poida que sexa por abandono, pero moitos outros e por coller o atallo das autoestradas, fixo que si, tanta moto en Chaves que saíu de canda nos non desaparece por arte de maxia.
Como dixemos anteriormente topámonos nos bombeiros voluntarios en Vila do Rei, fronte o hotel onde pasamos a noite, despois de charlar un bo rato con estes profesionais e boa xente, dirixiámonos a onde se atopa o mesmo centro de Portugal, se trazamos unha linha recta de norte o sul e do este o oeste en Portugal, onde se cruzan as linhas hai nos diriximos, a 4 minutos do hotel e dos bombeiros, o chegar tamén cribamos, facemos fotos e demais, e nos atopamos con outro par de motos que saian de selar, pero que curiosamente asi que colliamos a N2 nin rastro de motos, o rematar seguimos a ruta, e despois de algunhas paradas e cribados con desvío incluído de o pobo de Avis e o pobo de Coruche, despois de 7 paradas e outros tantos cribados fomos comer a Montemor o novo.
Imaxe do mesmo centro de Portugal en Vila de Rei.
Seguimos o percorrido cando xa nos faltaban dúas parada para o remate da etapa, decatámonos que en teoría a roda traseira da vfr 1200 que debía chegar a Faro, esta apunto de mostrar os alambres, en parte devido a que xa estamos no sur de Portugal, as carreteira sa son rectas infinitas e as temperaturas extremas, nestas alturas nalgún pobo de parada, fixámonos nos termómetros que marcan os 46º, daquela decídemo buscar hotel antes de completar a terceira etapa, que seria en Ferreira do Alentejo, desviámonos a durmir a Alvito, onde durmimos nun dos mellores hoteis de toda a ruta, pola noite xa despois de cear buscamos o sitio mais cércano onde poder cambiar a roda, despois piscina relax e a descansar.
Imaxe o Hotel Cuba Real en Ferreira do Alentejo.
Levantámonos almorzamos e tiramos para Beja, para talleres Easy Pneus, nos atenden amables e rapidamente, me din de escoller roda, a mais cara que aquí ronda os 200€ cobráronme uns 130€, caralludo, saímos rapidamente para tras, a cribar a Ferreira do Alentejo, que e onde debiamos rematar a ruta, daquela agora si levamos medio dia de retraio con respecto o previsto, pero contentos por solucionar asi de fácil o imprevisto, e con confianza de recuperar o atraso, sa que a ultima etapa en teoría era a mais fácil e curta, cuberta a terceira etapa comezamos a seguinte.
Imaxe da roda traseira antes e despois de cámbiala.
4- Cuarta etapa día 24 do 08
Todo marcha segun o previsto, seguimos polas carreteiras de rectas interminables cun calos asfixiantes, pero moi contentos e a moral polas nubes, despois de dúas paradas e cribados, facemos unha ruta larga e practicamente desértica, de repente o lonxe divisamos un pobo, na entrada un bar, metémonos para dentro o aire acondicionado, despois de varías canecas de cervexa mesturada con gaseosa ou sucedáneo, limoada, cargamos de botellas de auga moi importante, seguimos dous cribados mais e a carreteira e paisaxe volven cambiar de novo, mais montanha, verde e curvas de 90º e 360º, cando faltan so dous selados, xa apiques de Chegar a Faro, a meta final, apique de rematar todo de acordo co planeado surxe algo terrible.
Imaxe do negocio onde nos cambiaron a roda no polígono industrial en Beja.
Paramos a refrescarnos, eu no deposito levo 3 raias escasas, quito a chave métoa no bolsillo do pantalón, apatunhome para descansar sentandome nunha pedra, mentres os demais entran no bar a pedir, de repente collo e acercoume a Boullosa para preguntarlle si facemos gasofia, xa que tamen estabamos nunha gasolineira, meto a man no Bolsido, quito a chave, e veso que estaba dobrada 90º pola metade, case se me nubra a vista, non o podía crer, meu gozo nun pozo, e agora, que fago? A chave a demais de dobrada mirábase que estaba partida, so agarrada por un fiho¡, despois de debater que facer e de un milleiro de consellos de persoas que estaban no bar neses intres, collin aire fun acía a moto sen tocarlle metín a punta no contacto, empurrei e fun endereitando segun ia penetrando a chave xirei e a moto arrancou, sa era algo tarde, decidimos ir durmir o Algarve, xusto o lado de onde tinhamos que Cribar e preto de Faro e de outro punto que nos quedaba por cribar, concretamente en Loule, para de manhan intentar solucionar a papeleta monumental que tinhamos entre mans, de novo hotel con piscina, cea e media peneca polo Algarve, nos a esas alturas non iamos permitira que nada nos fodera o desfrutar e pasalo ven, o final unha das mellores veladas, ceamos, piscina e durmida, pola manhan ponhemonos en acción.
Non podía quitar a chave da moto, podía partir, e o peor podía quedar o cacho dentro do cilindro, a chave ademais de arrancar a moto abre o tapón da gasofia, abre o asento onde esta a documentación e ferramenta, e abre as dúas maletas laterais, menos mal que no baúl levaba a roupa mais de uso, e con este panorama a primeira chamada e a Faro, taller oficial de honda, me din que se quero facer unha chave tenho que levar a chave mestra orixinal que e a que deixei na casa, e a que se usa para iso, e si non pola documentación tenhen que pedir unha, e por urxente tardaríame mínimo unha sema, lles contesto que si tivera a chave mestra con migo non me faría falla facer ningunha chave loxicamente.
Imaxe sacada en Chaves antes da saida.
Daquela puxémonos en acción, Boullosa colleu a Sol e levouna o pobo e deixouna nun bar a almorzar xa que o hotel estaba nas aforas, mestres eu e chelo iamos caminhando acía o bar onde estaba Sol, Boulloxa foi facendo viaxes ata estar todos no mesmo bar, o rematar eu mais Boullosa nos diriximos acía centro comercial que hai en Loule, entramos e fomos a un posto de copias de chaves deses que soe a ver nas grandes centros, estaba pechado, dicía que abrían as 10h, esperamos e as menos 10 chega un rapaz moi novo, e vai abrindo lentamente a tenda ata que que cumprira o horario de apertura, nos mirabamos para el ansiosos, el de cando en ves para nos, a saber o que pensaría, Boullosa mira para min e dime, este ten cara de lunbrera, a min dáme a risa.
O abrir entro e dígolle o que me pasa e se pode axudarme, el primeiro busca na tenda e dime que si, que so lle queda unha chave para facer esa clase de copia con transpondedor, pero advírteme, primeiro tenho que levar ata li a moto, despois, aparcala o mais preto da tenda, despois quitar a chave, e levarlla, despois el pegara un chip con celo na chave, e eu tenho que coller a chave ir a moto e metela, por o contacto e quitala, asi ata seis veces, para que o chip co celo copie os códigos do transpondedor da chave orixinal, eu neses intres empecei a sudar en frío, daquela e perdidos o rio, fomos buscar a moto, como arrancou fomos buscas as mulleres, aparquei preto, dinlle a chave que logrei quitar sin que partira a duras penes, el fíxome unha copia sin transpondedor para que puidela abrir o resto das pechaduras, despois collín a chave co chip e fun facer a manobra, non sin antes de que el botaralle unha especie de pegamento na chave xusto por onde estaba a ruptura, fun facer todo o que me dixo pero no ultimo intento o sacala a chave partiu, logrei sacar o cacho, leveille todo e por algunha razón o chip non logrou copiar total mente.
Imaxe do negocio onde nos fixeron as chavesno centro comercial en Loule.
A cagamos xa non hai esperanza, el mira para min e dime, eu podo intentar algo que non se fai, pero que inda que e difícil pode resultar, aquel rapaz levaba toda a manhan intentando solucionarme o problema, e o mesmo tempo atendendo a sua clientela, e díxenlle fai o que poidas e se non se pode eu ven sei que o intentaches todo o voucho agradecer igualmente, díxome a chave orixinal xa esta rota, daquela bou intentar desfacela sin danar o chip, porque son moi delicados, despois temos que ter a sorte de que o chip polo tamanho entre na chave que nos temos para iso e si todo sae ven iso e todo, decidimos comer no centro comercial e deixar o rapaz so a sua bola, para que se concentrara e o mesmo tempo atendera o seu.
O terminar de xantar fomos o comercio de novo e xa estaba ali o lado do rapaz outro mozo, o relevo, pregunteille como fora a cousa e díxome todo ven, penso que o conseguín so queda probar a chave, non o podía crer, fun rapidamente probar a chave, e voala, a chave funcionaba caralludamente, abraceime o rapaz e díxenlle sálvacheme a vida, cóbrame e sabedes conto foi a conta por dúas chaves da moto e un montón de tempo, 25€, por suposto que lle soltei unha voa propina, quitámonos unhas fotos con el e coa Policía Portuguesa, Francesa, Italiana, e Espanhola que neses intres paseaban por ali nunha colaboación conxunta de países da UE, e o Garda andaluz chamoulle a atención o logo da camisola do Arrecarallo que levaba Sol posta, e ali estivemos votando unhas parrafadas un montón de tempo.
Imaxe sacada no centro comercial en Loule, xunto os policías de Italia, Francia, Portugal e Espanha.
E iso foi o que causou o dia de mais que votamos de ruta, despois para arriba, e xa baixadas as temperaturas e esfumada a ola de calor, arrancamos pola N1 mais pegados a costa, sempre por nacional, unha delicia de ruta, e asi resumindo o máximo iso foron as anécdotas e contratempos da ruta, o mais importante, todo saíu ven e pasámolo xenial, fixemos Ruta por onde hai que facela con tódolos cfibados, mais os intermedios que a parte dos esixidos estes soen estar entre pobos na propia N2, que real mente acreditan que fomos por onde hai que ir…✌️
Pica enriba do libro do pasaporte e mira algunhas imaxes mais da desta ruta.
Como eu fun un dos protagonistas desta ruta xunto con Chelo e Boullosa e Sol, dicirvos que a ruta foi caralluda, espectacular, si podo repetirei, e penso que o estar aquí o lado, do pais vecinho, e unha das rutas imprescindibles para facer un moteiro que se prece…
✌👍💪🏍💨🔥