Ruta curta de un dia, unha xornada de duración, rodada típica de fin de sema das que soemos facer no G.M. Arrecarallo.
Esta é a primeira ruta de fin de semana curta programada para 2024, a ruta que adoitamos facer a principios de cada ano, despois de que os días se fan un pouco grandes e o tempo nolo permite, e para ir probando e ponhendonos a proba nos máis as bodas burras.
Adoitamos aproveitar os meses de decembro, xaneiro e febreiro para facer unha inspección importante dos nosas burras, a parte do típico mantemento de quilometraxe que hai que facer ao longo do ano, nestes meses facemos unha inspección total de todo, líquidos, filtros, buxias. tapóns, suspensións, rodamentos, chasis, mangitos, parafusos de plástico, freos, rodas, desmontase, limpase, engraxase, comprobase e cambiase todo que haxa que cambiar, e así comezar o ano en perfectas condicións para afrontar un novo ano cheo de ilusión, con moitas rutas e novas aventuras…
Ligazón a este evento do Calendario do G.M. Arrecarallo
E como este 2024 xa estamos listos mecánica e mental mente falando, e xa temos a primeira ruta curta programada, so nos queda espera o primeiro fin de sema que faga bo tempo, e a rodar que a vida e a mais curta das rutas e hai que aproveitala…

Imaxe da Ruta.
Detalles da ruta, estas son as paradas reais da ruta:
[expand]
Parada (A) en Codeseda.
Parada para estirar as pernas tomar algo…
Parada (B) en Ponte Medieval de Pontevea.
Parada para estirar as pernas, desfrutar das vistas quitar fotos, etc…
Parada (C ) en A Senra Café, Pontevea.
Parada hora do vermut…
Parada (D) en PETEIROS E ESPIÑAS restaurante, Teo, A Coruña.
Parada hora de xantar…
Parada (E) na Estación de Servicios, cafeteira Caleiro.
Paraada para estirar as pernas, tomar algo, ou alguén esquecéuselle tomar cafe ou repostar…
Parada (F) na Praza do pazo de festinhans
parada para estirar as pernas, tomar algo, desfrutar das vistas quitar fotos, etc…
Parada (G ) na Ermida Da Lanzada.
parada para estirar as pernas, desfrutar das vistas quitar fotos, etc…
Parada (H ) Ultima parada, dinde o ultimo punta ata a casa decidímolo segun se vaia indo…
As demais paradas que podes ollar no mapa en realidade non son paradas como tal, son simples referencias de trazado…
[/expand]
Mapa da ruta no Google mapa
::: DATA DA SAIDA :::
Saida de onde sempre Domingo día 24 de Marzo do 2024 as 10,30 horas.
::: LUGAR DA SAIDA :::
Av de Ourense, Nº 90, 36915 Marín, Pontevedra.
https://maps.app.goo.gl/248py85y93CaVcgZ8
:::: CORDEADAS :::
::: MAPA DA RUTA :::
https://maps.app.goo.gl/hDGySPHE13HmYepHA
INFORMACION IMPORTANTE:
Acerca das opcións dos trazados de cada ruta dno Google mapa que deberías saber.
[expand]
Este e un consello practico para evitar que o google che cree atallos adicionais e non poidas mirar o mapa co mesmo trazo por onde nos o creamos ou por onde ti mesmo desexes ir dun punto o seguinte, daquela dependendo do trazo que nos creamos terás que axustar as opcións o mesmo que nos…
O primeiro de todo recomendable que para navegar no google mapa descargues e actives por defecto o navegador google crome para que todo sexa o mesmo, e agora imos o lio…
Nesta ruta curta a sua totalidade transcorre por estradas nacionais, comarcais e algunha que outra pista, no teu tlf nas opcións avanzadas do teu google mapa, arriba a dereita no teu nome ou logo picas nel e accedes as opcións avanzadas de navegación, buscas e desactiva rutas con maior aforro de combustible, e de paso que estas hai recomendámosche ter sempre activada a opción de mostrar os radares fixos, despois abaixo nas opcións normais do mapa filtra ou marca a casilla de evitar autoestradas e iso seria todo…
[/expand]
NOTA IMPORTANTE:
A cerca de que non sexas membro do G.M. Arrecarallo e decidas acompanharnos a unha ruta ou evento calquera.
[expand]
Como e lóxico no grupo do G.M. Arrecarallo, os membros integrantes estamos nun grupo principal do WhatsApp, por onde sabemos e confirmamos cantos e quen imos a cada evento dun dia compreto ou mais días, e en que condicións, para asi poder organizarnos mellor por evidentes razóns e diferentes motivos como por exemplo de seguridade vial, avituallamento, control de grupos moi numerosos, durmir, xantar, repostar, descansar e todo o que implique unha planificacións de reservas previas…
E chegado o evento todo transcorra dun xeito organizado e o mais importante seguro…
Con isto quéremo dicir que nos non discriminamos a ninguén, so que saibades que os que non sodes membros, podedes vir os nosos eventos igual mente, pero atendendo as nosas normas, por suposto normas que so tenhan que ver coa integración e a seguridade que afecte a totalidade do grupo, e sempre respectando a leí da seguridade vial vixente, despois no resto de temas organizativos como mencionamos antes, avituallamento, durmir, xantar, ete…
Xa cada quen que non sodes membros teredes que organizarvos vos mesmos, e iso seria o mais relevante referente a vir de ruta con nos, algunha outra dubida preguntádenos por aquí mesmo, polo WhatsApp desta mesma paxina ou da forma que prefirades, ou polas nosas diferentes redes sociais do xeito que vos sexa mais cómodo, tendes varios formas de comunicarse para elixir…
Dito isto, o G.M Arrecarallo sendo un grupo sen anico de ningunha clase de lucro, xa que todos os nosos eventos son libres e gratis, entendemos que todas as persoas que non sodes membros e queirades acompanharnos, sodes plena mente responsables de cada un dos vosos actos, polo tanto os do G.M. Arrecarallo non nos facemos, nin temos responsabilidade algunha sobre os actos de ningunha das persoas individuais que desexen acompamharnos en calquera dos eventos que nos publicamos, sexan estes nosos ou de terceiros…
[/expand]
Primeira ruta deste 2024 un Domingo caralludo, paseo tranquilo pola contorna, onde xantamos un bo cocido, en moi boa companhia, conhecemos companheir@s moteiros novos, outro dia mais para non esquecer…
💪💪💪✌